Por un arte activo

of 36
All materials on our website are shared by users. If you have any questions about copyright issues, please report us to resolve them. We are always happy to assist you.
Information Report
Category:

Education

Published:

Views: 51 | Pages: 36

Extension: PDF | Download: 0

Share
Description
Por un arte activo
Tags
Transcript
  I. ACOMODADOS NO LABIRINTO Nos inquietos anos do que xa era unha avanzada modernidade, aarte considerada “pura” amparaba un conxunto de preceptos queloitaban por conseguir unha cobizada autonomía na controverti-da paisaxe das disciplinas. Neste senso e concretamente desde apintura, reclamábanse estratexias que vindicaban a utilización dosoporte plano, a delimitación física do cadro e outros desvelos deíndole puramente formal facendo posible a defensa dunha orto-doxia artística hoxe en día inxustificable 1 . Contrariamente, o pasodos anos advírtenos de que non soamente a expresión pictórica,senón unha tendencia xeral na produción cultural internacionalexixirá unha cartografía de entrecruzamentos, onde o préstamo,a contaminación e os movementos asimétricos manteñen un evi-dente protagonismo; situación que como veremos en diante aca-bará mostrando perigosas fisuras. Partindo deste pensamento xeral que avoga por un case obrigadosincretismo entre os nosos produtos culturais -en ocasións tan // arte de acción // 15 Carlos TejoPOR UNHA ARTE_ACTIVA 1.A este respecto, recordemos a obra de críticos como Clement Greenberg e o traballo de artis-tas por el defendidos como Jackson Pollock, Mark Rothko ou Willem de Kooning, entre outros.  dogmático coma as tácticas da pintura antes mencionadas- o con-temporáneo “A, B, C” da arte de acción presentará grandes peri-gos; aspectos tan esvaradíos que nos parece importante reflexio-nar agora sobre as maneiras desta práctica que co comezo donovo século cambiou significativamente as súas formas. Pareceentón inevitable tecer unha definición que poida sosegar a incer-teza provocada por un facer que alleo ás categorías se nutre demúltiples mecanismos expresivos. Sabemos, no entanto, que to-do intento de aclaración podería conformar un perigoso búnkerde significado convertendo o noso esforzo nun labor estéril, nunfeble enunciado condenado a se disolver entre a enguedelladarealidade artística que nos envolve. Desafiando este arriscado es-cenario, descubrimos numerosas aproximacións que desde dife-rentes liñas de investigación inténtannos ofrecer convincentesdefinicións desta complexa disciplina. É así como, especialmentedesde os axitados anos oitenta, atopamos un amplo abano de for-mulacións que poderíamos situar entre dous grandes posiciona-mentos: un extremo alimentado por categóricos pronunciamen-tos que defenden unha esencia case “relixiosa” da acción e outroque articulará a súa estrutura con base en lixeiras teorías queidentifican a performance 2 como un espazo infinito onde todoparece ter lexitimidade e vixencia. Complementando unha e outra opción, puidemos dar escoitadovoces que reclaman a práctica da acción fóra de toda proteccióninstitucional, outras que defenden o carácter efémero comosigno característico ou aquelas que se empeñan en rexeitar cal-quera proceso performativo que teña afinidade co teatral; conalgo xa escrito de antemán. Como vemos, as tentativas de inter-pretación adoptan múltiples e dispares direccións e dan forma aun discurso difícil de conter nun corpus  teórico delimitado: a co-rrente que podería articular un concepto desbórdase continua-mente. Pero non soamente atopamos discrepancias no terreoteórico, incluso na maneira de presentar as accións ao público seaplican heteroxéneas “postas en escena”; fórmulas que en oca-sións enriquecen a propia acción e noutras potencian a nosa per- chámalle x // 2006 //16// 2.Nótese que non imos establecer ningunha diferenza de significado entre os termos performan-ce e acción.  3.Sen entrarmos en valoracións, recordemos propostas recentes como IMAN en Vila Nova deFamalicão; Portugal, eBent e Kabaret Obert en Barcelona, Contenedores en Sevilla, Festival ALT enVigo ou Acción MAD e Jamón-Kinkkua en Madrid, entre outros.  // arte de acción // 17 da de interese debido á súa escasa consistencia  3 . Inmersos nestamaraña de ideas e actuacións consideramos oportuno abandonarenunciados estáticos para expor a nosa preferencia por un tipo deacción que non se atope atada de mans nin pola intransixencia docanónico, nin pola laxitude do todo vale. Non obstante, sabemosque desde o indispensable esclarecemento que debe acompañara toda hermenéutica esta “media tinta” podería parecer unhapostura covarde. Dado o noso lugar de nacemento, haberá mes-mo persoas que poidan atopar unha influencia solapada do des-afortunado tópico que define o galego como un ser indetermina-do que nunha escaleira nunca se sabe cando sobe e cando baixa.Superada a presión psicolóxica que nos produce o dito popular,preferimos sortear o risco inmanente a toda análise da perfor-mance e con iso esquivar a posible imprecisión do que unha defi-nición cerrada puidese excluír 4 . Porén e para escapar dun posicio-namento que se poida interpretar como unha falta de compromi-so pola nosa parte, imos intentar aclarar a continuación algunhascuestións que rodean a arte de acción e que pola súa transcen-dencia limitan con outras problemáticas da arte contemporánea.E xa de paso, subir con decisión uns cantos chanzos… Como xa dixemos ao iniciar este escrito, a condición diversa daarte -con maior insistencia despois da segunda metade do séculoXX- poderíanos facilitar unha airosa saída ao complexo galimatíasmeticulosamente construído pola esexese dunha práctica queparadoxalmente parece indefinible. Aludir ao carácter multidisci-plinar e continxente da performance contemporánea, apoiándo-nos no imparable big-bang  que parecen experimentar as zonas defricción entre as disciplinas da produción artística actual, seríacomo atopar o extremo do famoso fío de Ariadna. Malia que porfin poderíamos salvarnos do temido Minotauro, esta fuga non nosparece o máis oportuno. Propomos, polo tanto, desbotar estaposibilidade e comezar a camiñar con cautela xa que esta orxíadas categorías adoito nos descobre unha senda de difícil acceso.En relación con esta idea, pensemos por un momento que leva-mos xa máis de corenta anos pondo en práctica toda sorte de 4.Un bo exemplo da imprecisión das definicións cando falamos da arte de acción, atopámolo notraballo de Esther Ferrer titulado: “Teoría y práctica de la performance”. Facendo uso dunha sutilironía e dun gran sentido do humor, a artista comeza a súa acción coa seriedade que rodea a todaconferencia. Nada máis comezar, o público observa que a conferenciante non emite ningún son. Soamente cada certo tempo podemos escoitar xocosas clasificacións de performance como mono-performance  ou sexi-performance   , así como un suxerente xogo entre a palabra performan-ce e as diferentes preposicións [ante, baixo contra…, performance]. Todo iso acompañado de exa-xeradas xesticulacións.  chámalle x // 2006 //18// mestizaxes e aínda recoñecendo un xiro esperanzador nos produ-tos culturais que parte da crítica denominou posmodernos, sos-peitamos que desde os últimos lustros do século pasado se co-meza a perder boa parte dese necesario interese, firmeza e fres-cura achegados polos clásicos dos cincuenta e dos sesenta 5 . Hoxeen día a desgastada bandeira do “multidisciplinar” e outras pro-blemáticas relacionadas co propio mercado da arte non só nonderon integrado a arte coa vida senón que a converteron nunhapráctica que para a maioría dos alleos espectadores non produceningún tipo de rendemento, desembocando nunha ruidosa con-taminación que en determinados casos converte a nosa produ-ción cultural nunha masa compacta sen personalidade 6 . Acomo-dados no labirinto, seguimos sen saber cara a onde debemos tirar.A situación tende a complicarse cando realmente nos decatamosde que o vórtice deste ciclón non se encontra soamente na pro-bable inestabilidade dos diferentes medios empregados na per-formance ou nas trampas dun insaciable mercado, senón máisben en como se producen, distribúen e recepcionan as distintasmanifestacións culturais xeradas na nosa “sociedade do benes-tar”. Non parece atoparse solución nin en certas tribunas institu-cionais que dunha ou doutra forma condicionan a selección e arecepción, nin nos discursos alternativos que -se realmente oson- están condenados a desaparecer. Ao fío destas reflexións, podería resultarnos interesante ter máisen conta algunhas dinámicas derivadas de prácticas periféricasasociadas polo xeral a contextos con graves problemáticas a niveleconómico, político e social. Precisamente, a urxencia que provo-ca este complexo tecido acabarase convertendo en beneficiosomotor de moitas das propostas interesadas en iluminar todo tipode penumbras. Posicionados no “outro” e desculpando o necesa-rio desenvolvemento teórico que implicaría todo achegamento 5.Recordemos as lúcidas provocacións do movemento Fluxus  ou o impacto de propostas como 18 happenings en 16 partes  [Allan Krapow], Alento de artista  [Piero Manzoni], Antroprometrías do periodo azul  [Yves Klein] ou Alegría da carne  [Carolee Schneemann]. 6.Con estas afirmacións non pretendemos negar o valor do xeneroso carácter inclusivo da arte deacción que xa desde as experiencias dadá, o surrealismo ou o futurismo souberon demostrar a efi-cacia que implica o uso simultáneo de diferentes soportes expresivos como o teatro, a poesía ou amúsica. Do mesmo modo e sobre todo a partir dos setenta do século pasado, gustaríanos desta-car as valiosas contribucións de procesos performáticos noutras disciplinas coma a videoarte ou ainstalación.  // arte de acción // 19 en profundidade á arte producida desde as marxes, si podemosafirmar que moitos dos produtos culturais que flotan apartadosdos grandes centros de dominación presentan outras estratexiasdiscursivas que aínda saben como rescatar aqueles principios éti-cos que na década dos sesenta e setenta dinamitaron os cimentosdunha anquilosada arte internacional. Evitando que esta compa-ración se identifique coa eterna cuestión da mímese ou do consa-bido “atraso” cultural da colonia, gustaríanos resaltar que partedos relatos nacidos fóra do maisntream están contribuíndo inten-samente a que o cardinal binomio arte-vida conserve aínda enti-dade e sentido. Deste modo e aínda que pareza máis que proba-ble que a voracidade do mercado internacional acabará conver-tendo esta enerxía nun patético museo de folclóricos estereoti-pos, aínda podemos asegurar que a arte de acción desenvolvidanestas esquecidas latitudes segue participando como un efectivointerlocutor social. En ocasións, incluso retroalimentou á produ-ción internacional, funcionando como un bo antídoto contra acondición pusilánime que transparentan algunhas prácticas reali-zadas na órbita do “desenvolvido”  7 . Como contrapunto e inclusodentro de territorios extra-oficiais, o esquema occidentalista querodea determinadas estruturas onde a performance mantén uncrucial protagonismo, contribúe á construción de vastos espazosde desasosego. Novamente desanimados, vemos como a prácticada acción comeza suavemente a integrarse nesa perigosa homo-xeneización á que antes facíamos referencia, perdendo progresi-vamente moito do interese que espertaba outros anos, noutroscírculos 8 . Deberíamos logo se cadra comezar a nos intranquilizarpolo éxito esmagador da tele-lixo ou pola ditatorial uniformidadecultural que impoñen industrias coma a factoría hollywoodense  ? Feitas estas observacións, decidimos dar prioridade un tipo deperformance que, afastado de calquera imposición de moda ou  7.En grandes núcleos urbanos de países como Arxentina, México ou Cuba, é frecuente atoparunha arte de acción en que a denuncia e a reflexión sobre a súa problemática socio-política se con-verte nun dos intereses fundamentais do proceso. Por outro lado, fronte ao espazo cerrado dagalería ou o museo, con frecuencia se prefire o espazo público como marco de encontro entre oartista e un activo receptor. Neste sentido, recordemos a traxectoria do colectivo cubano Enema   ,o Encontro Internacional de Arte de Acción desenvolvido o pasado abril na cidade de Bos Aires ouas críticas propostas do colectivo Mujeres Creando de Bolivia  . 8.É interesante recordar o artigo de Nieves Correa titulado: “En defensa del artista gestor, nóma-da, cazador y recolector”. Entre outras preocupaciones, neste escrito a autora xa vaticinaba esaperigosa domesticación da performance que nós formulamos como posible, cuestionando a víainstitucionalizada que parece adoptar a práctica da acción a finais do século pasado. v. Correa,Nieves. “En defensa del artista gestor, nómada, cazador y recolector”. Revista Fuera de Banda  . Nº5, Outono 1998.
We Need Your Support
Thank you for visiting our website and your interest in our free products and services. We are nonprofit website to share and download documents. To the running of this website, we need your help to support us.

Thanks to everyone for your continued support.

No, Thanks